MúsicaA música é a verdadeira linguaxe universal

Ademais, a escola Xirandola ofrece clases extraescolares de música.

De impartilas encargarase o Conservatorio Histórico de Santiago, poñendo en marcha un método novo, acorde á filosofía da escola, baseado na observación e escoita directa da música.

Este método divídese en seis apartado: os tipos de música, a parte instrumental, outra na que se traballarán os valores cooperativos, a expresión corporal, unha de exercicios de atención, concentración e de memoria; e unha última de movemento que xunta a todos os demais.

Así, no apartado de tipos de música, os nenos e nenas poderán escoitar en vivo músicas como a clásica, popular galega con letras adaptadas a eles, de cine, coas bandas sonoras de películas infantís e músicas do mundo.

Por outro lado, o Conservatorio compuxo expresamente para os nenos de Xirandola cancións orixinais, para que todos estean no mesmo punto de partida en canto á aprendizaxe das melodías e as letras.

Na parte instrumental, os mais pequenos poderán experimental eles mesmos os sons dos instrumentos adaptados a eles que comprou o Conservatorio Histórico, e aprenderán a manexalos.

Na sección dedicada a traballar os valores cooperativos, ensinaráselles aos nenos, a través de xogos infantís baseados na música, a traballar en grupo, axudar, cooperar, respectar as quendas, compartir, e a intentar que cada un nun grupo se sinta importante como individuo pero tamén como parte deste.

No apartado de expresión corporal traballaranse as posturas idóneas para tocar un instrumento, pero tamén os comportamentos saudables de respiración e relaxación.

Pola súa banda, cos exercicios de atención, concentración e memoria, baseados en exemplos musicais, obteranse uns beneficios non só para a educación musical.

Por último, o apartado de movementos será unha coordinación das seccións anteriores, na que traballará sobre todo os movementos corporais ao ritmo da música. Tamén, en cada un dos apartados, hai un subapartado a maiores que é a implicación emocional tomando como base a música, moi importante para o desenvolvemento persoal dos pequenos.