MetodologíaUn mundo novo, con magníficos resultados

Xirandola, baseada nun método de educacional novidoso na cidade, que é o que xa se está a levar a cabo dende hai anos en Países Nórdicos con magníficos resultados.

O de Xirandola, dirixido a nenos de entre 0 e 3 anos, é un proxecto innovador que incorpora as tecnoloxías da información e comunicación (TIC´s). Así, os pequenos aproxímanse a un mundo novo, descoñecido para eles, desenvolvendo unhas actividades rechamantes e lúdicas que lles sirvan como medio de socialización.

Xirandola nace da vocación e dedicación aos nenos e nenas, coa intención de ofrecerlles un mundo feito á súa medida, para que o enchan de imaxinación e creatividade, dando lugar a pequenos artistas, exploradores e científicos; e no que se sintan tan seguros coma se estivesen na casa. Para conseguilo, unha das intencións da directora da escola, María Novo, é que as nais que dean o peito aos seus fillos o poidan facer no centro, e non rompan o vínculo materno.

A súa forma de traballo baséase na observación e a práctica, de maneira que os nenos experimenten para obter os coñecementos. Así, traballarán a flotación a través de recipientes con auga, experimentando e observando os elementos que flotan e os que non, ou espremerán laranxas na unidade de alimentos, entre moitas outras actividades. Ademais, intentarán poñer os pequenos en contacto coa natureza, cultivando eles mesmos un horto, ou observando como van traballando as formigas durante todo o inverno.

Tamén, impartiranse clases de inglés, informática, psicomotricidade e música, contando para estas con todo tipo de material para poder levalas a cabo.

Outra das orixinalidades, é que cada unha das clases estará dotada dunvideo porteiro, permitindo ás profesoras abrir a porta da entrada aos pais, sen saír da aula, Deste modo, estes poderán acceder á aula e manter un contacto directo e familiar coas mestras.

Xirandola creou tamén unha Escola de Pais para ofrecer unha atención especializada a aqueles que estrean paternidade e maternidade. Nesta celebraranse charlas-coloquio unha vez ao mes e contando coa presenza de profesionais como nutricionistas, masaxista infantil, matrona, pediatras, etc.